¿Non É CAPAZ DE VER BEN ESTE EMAIL? pode velo a travÉS DA WEB
#56 -3 XULLO 2015
Galicia acumula vinte descensos interanuais do paro consecutivos

Tellado sinala que a Comunidade rexistrou o pasado mes de xuño a segunda maior baixada do paro da serie histórica e que o desemprego cae en Galicia máis dun punto que na media nacional

O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, afirma que Galicia rexistrou no mes de xuño unha baixada de máis de 7.900 persoas, a segunda maior en termos interanuais absolutos e relativos de toda a serie histórica, só por detrás da rexistrada en 1999.

Ademais, con este descenso interanual, “xa se acumulan vinte baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013”, engadiu.

O voceiro dos populares tamén destacou que, coa baixada de xuño, xa van cinco descensos mensuais consecutivos no que vai de ano, e este é o maior de todos eles, tanto en termos absolutos como relativos.

Salientou que este se sitúa como o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en xuño en termos interanuais, uns datos que, segundo palabras do propio Tellado, “confirman unha tendencia ascendente na creación de emprego e supoñen mellora do mercado de traballo”.

Grazas a esta evolución, o voceiro recorda que Galicia volve a niveis de paro inferiores aos de 2011, isto é, de hai catro anos; algo que, para Miguel Tellado “sinala que a Comunidade consolida a tendencia de redución do desemprego iniciada grazas ás medidas postas en marcha polo goberno dos populares dende a Xunta” .

Con respecto á media do Estado, o portavoz tamén lembrou que a nosa Comunidade superou á media estatal xa que, en termos intermensuais, Galicia baixou un 3,34% mentres que España non superou o 2,25%; ao igual que nos interanuais, nos que Galicia acada un descenso do 9,21% fronte o 7,40% do conxunto do Estado.

De todos os xeitos, Miguel Tellado manifestou que “os populares non se sentirán satisfeitos ata que os datos do paro amosen unhas cifras aínda mellores”.

 

PÓDENCHE INTERESAR TAMÉN:

O Sergas convoca oposicións para provisiónar 201 prazas de persoal estatutario sanitario

A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións

Novos tempos na Deputación de Lugo, Elena Candia subasta o Audi de Besteiro de 108.000 euros

PODES SEGUIR AO PPdeGalicia nas seguintes redes sociais