¿Non É CAPAZ DE VER BEN ESTE EMAIL? pode velo a travÉS DA WEB
#56 -3 XULLO 2015
A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións con asociacións e colectivos

A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións con asociacións e colectivos de todo tipo que quixeron achegarse á formación para ofrecer ideas, suxerencias e críticas construtivas.

As consignas de apertura e contacto directo coa sociedade presiden o traballo do equipo redactor nesta etapa de elaboración da Ponencia. De feito, durante estas semanas percibiron o interese da cidadanía galega por participar nesta nova etapa do partido.

Así, o PPdeG percibe esta relación intensa como algo que debe trascender desta fase de elaboración da Ponencia Política para manterse no tempo a partires de agora.

REUNIÓNS DO EQUIPO REDACTOR
En canto ás reunións mantidas por membros do equipo redactor, podemos diferenciar dous tipos: aquelas que están a ter lugar con colectivos, e ás que se celebran cos representantes populares nos diferentes partidos xudiciais. No tocante ás reunións con colectivos, que se continúan producindo, lévanse celebradas máis de 30 nas catro provincias. De feito, a día de hoxe, os membros do equipo redactor xa puideron escoitar as achegas de organización tan diversos como son as de xornalistas, ecoloxistas, asociacións de deportistas, de vítimas de accidentes, de persoas que padecen algunha discapacidade, de representantes sindicais ou mesmo de xente do ámbito da cultura.

No ámbito interno, os membros do equipo redactor asistiron a reunións con representantes do partidos da práctica totalidade dos partidos xudiciais galegos.
Ademais, os membros do Grupo Parlamentario Popular de Galicia fixeron achegas ao equipo redactor as súas achegas. Deste xeito, todos os estamentos do partido e dende todos os ámbitos territoriais están trasladando ao equipo de redactores a súa visión e as súas ideas para mellorar o presente e o futuro do PPdeG.

A partir da próxima semana o equipo de redactores compaxinará a continuación das reunións con colectivos coa redacción do texto que o partido presentará durante este mes de xullo.

CONTACTO A TRAVÉS DE INTERNET
Así, o PPdeG puxo a disposición de quen quixera facer achegas diferentes canles de participación a través de internet. Por unha banda un enderezo de correo electrónico - ponencia@ppdegalicia.com-, un formulario na web principal do partido –http://ponencia.ppdegalicia.com- e os seus perfís en redes sociais.

Estas ferramentas, que continúan abertas e funcionando, están amosando un resultado satisfactorio para o partido tanto no eido cuantitativo como, sobre todo, no cualitativo. O balance é moi bo. Así, lévanse recibido por estas vías preto dun cento de aportacións. Algunhas delas centradas nun tema, outras multidisciplinares, que na súa totalidade están sendo estudadas polos membros do equipo redactor da Ponencia.

MENSAXE ENTENDIDO
O PPdeG entendeu o mensaxe das urnas. Así, dende o pasado 24M está levando a cabo un traballo intenso seguindo unha folla de ruta autoimposta que pasa por intensificar o contacto coa rúa e actualizar o ideario do partido. O tempo está a demostrar que o PPdeG está no certo cando di que outros partidos celebran derrotas estrepitosas e dependen permanentemente de partidos minoritarios.

Fronte ao inmobilismo doutras formacións o PPdeG ofrece traballo. O obxectivo é manter a confianza daqueles que votan ao PPdeG, voltar a ser a mellor opción para aqueles que non nos votaron nin nas pasadas europeas nin nas municipais e representar unha opción confiable para aqueles que non nos votaron nunca.

PÓDENCHE INTERESAR TAMÉN:

Galicia acumula vinte descensos interanuais do paro consecutivos

O Sergas convoca oposicións para provisiónar 201 prazas de persoal estatutario sanitario

Novos tempos na Deputación de Lugo, Elena Candia subasta o Audi de Besteiro de 108.000 euros

PODES SEGUIR AO PPdeGalicia nas seguintes redes sociais