¿Non É CAPAZ DE VER BEN ESTE EMAIL? pode velo a travÉS DA WEB
#56 -3 XULLO 2015
O Sergas convoca un concurso oposición para a provisión de 201 prazas de persoal estatutario sanitario

O incremento de persoal, a mellora das infraestruturas sanitarias ou a apertura de novos complexos hospitalarios evidencian o compromiso do Goberno galego cun Servizo Galego de Saúde que preto do 75% dos galegos consideran como “bo” ou “moi bo”

O Servizo Galego de Saúde convocou esta semana 201 prazas de persoal estatutario sanitario. Esta convocatoria inclúe 11 categorías sanitarias e, dentro dos diplomados sanitarios, inclúese persoal de enfermería especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais.

No que atinxe aos técnicos sanitarios, inclúense no proceso as categorías de técnico superior en anatomía patolóxica e citolóxica, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio para o diagnóstico clínico, técnico superior en radioterapia, técnico en coidados auxiliares de enfermaría e técnico en farmacia. O prazo de inscrición iniciarase o 1 de xullo e finalizará o 20 de agosto do 2015.

A incorporación deste persoal fará ao Sergas contribuír a lograr maiores niveis de eficacia, ao tempo que favorece a formación de equipos estables de traballo que repercuten nunha mellor atención aos pacientes. Deste xeito, se acada unha maior satisfacción dos usuarios do sistema sanitario público, así como unha mellor e máis eficiente xestión dos recursos.

Incrementar as prazas de persoal, mellorar as infraestruturas sanitarias e mesmo crear novos centros de saúde e complexos hospitalarios evidencian o compromiso do Goberno galego coa Sanidade.

HOSPITAL PÚBLICO DE VIGO
De feito, o novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo abriu as súas portas esta semana situando a cidade olívica á cabeza da Sanidade en Europa. Este novo complexo hospitalario contará con case 1.500 camas, 35 quirófanos, 160 salas de consulta externa e 62 de diagnóstico por imaxe. Ademais, estará equipado coa tecnoloxía máis punteira, que ten asegurada grazas ao plan de renovación dos equipos do Sergas.

O tempo puxo a cada un no seu lugar e o PPdeG lamenta que os principais responsables locais non fixeran absolutamente nada para que o Hospital chegara a rematarse nin se sintan agora partícipes de que esta cidade se sitúe, grazas a esta infraestrutura, no liderado da Sanidade española e europea.

Estes responsables non só se puxeron de perfil senón de costas a que Vigo dispuxese dun hospital moderno e funcional; puxéronse de costas a que a cidade vaia ter 24 quirófanos máis, e puxéronse de costas a que Vigo gozara dunha mellor infraestrutura sanitaria para reducir as listas de espera.

Os populares non estuvieron sós nos seus esforzos para alcanzar que o Álvaro Cunqueiro sexa unha realidade pois o novo Hospital Público foi posible grazas á vontade maioritaria dos vigueses e grazas aos profesionais desa área sanitaria que fixeron posible que en poucos meses estea á disposición de todos eles.

OS GALEGOS, SATISFEITOS COA SANIDADE PÚBLICA
O compromiso dos populares coa Sanidade é palpable. Á construcción e mellora de infraestrutura sanitaria únese a necesaria boa xestión do sistema. De feito, esta semana coñecíamos datos do Barómetro Sanitario que cada ano elabora o Ministerio de Sanidade. Segundo reflicte o estudo referido a 2014, preto do 75% dos galegos consideran que o noso sistema sanitario funciona “ben” ou “bastante ben”. Trátase dun nivel de satisfación superior en dez puntos á media do Sistema Nacional de Saúde -62,7%-.

Aínda que consideramos este dato moi positivo, valoramos se cadra como mellor que Galicia sexa a comunidade que rexistra a mellor evolución con respecto a 2013, ao incrementar un 2,5%.

Do mesmo xeito, os galegos consideran a atención recibida como “boa” ou “moi boa”. Ademais, o 92,1% deles consideran como “moi positivo” o trato recibido nos centros de Atención Primaria.

Nesta liña, tamén máis de oito de cada dez pacientes, un 82,6%, constatan que a atención recibida nas consultas de especialistas foi “boa” ou “moi boa”, unha porcentaxe que aumenta ata o 94,6% no que se refire aos pacientes ingresados nos hospitais públicos durante o ano 2014.

No referente ás urxencias, destaca o 75,7% dos pacientes (tres de cada catro) que tendo utilizado os servizos de urxencias dos hospitais públicos se consideran ben atendidos.

PÓDENCHE INTERESAR TAMÉN:

Galicia acumula vinte descensos interanuais do paro consecutivos

A Ponencia do PPdeG suma 150 achegas da sociedade civil tras máis de 30 reunións

Novos tempos na Deputación de Lugo, Elena Candia subasta o Audi de Besteiro de 108.000 euros

PODES SEGUIR AO PPdeGalicia nas seguintes redes sociais