¿Non É CAPAZ DE VER BEN ESTE EMAIL? pode velo a travÉS DA WEB
#152- 17 NOVEMBRO 2017
A Xunta lanza unha nova achega de 1 millón de euros destinada ás explotacións agrarias afectadas polas xeadas e a sarabia

Feijóo sinala que as axudas están destinadas a financiar circulante ou refinanciar pasivos e destaca que as solicitudes poderán presentarse ata o día 28 de febreiro

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana unha nova convocatoria das axudas financeiras para os agricultores afectados polas xeadas e sarabias deste ano.

Feijóo salientou que se trata dunha achega de 1 millón de euros que complementará os 500.000 euros xa destinados a este mesmo obxectivo o pasado mes de setembro. Ademais, engadiu que, en conxunto, se estima que as dúas convocatorias mobilicen un total de dez millóns de euros.

O líder do PPdeG explicou que o obxectivo é que as explotacións afectadas dispoñan de préstamos bonificados, a custo cero, para financiar circulante ou refinanciar pasivos. Con estes préstamos, dun mínimo de 3.000 euros, as explotacións poderán aprazar os seus pagamentos.

Así mesmo, cómpre salientar que as solicitudes poderán presentarse ata o día 28 de febreiro, englobando dúas liñas diferentes, que poderán compatibilizarse: unha liña de refinanciamento de pasivos, e, por outra banda, unha liña de apoio a circulante.

Con respecto á primeira convocatoria, o Igape ten constancia de 24 solicitudes á espera de resolución para préstamos que mobilizarían 1,4 millóns de euros.

PÓDENCHE INTERESAR TAMÉN:

Máis de 200 novos afiliados recibirán o carné do PPdeG

As nosas exportacións continúan batendo todos os rexistros e Galicia xa conta coa segunda mellor balanza comercial de España no que vai de ano

Feijóo avanza a posta en marcha dunha rede dixital de vixilancia forestal para apoiar os sistemas de prevención, detección e seguimento dos lumes

PODES SEGUIR AO PPdeGalicia nas seguintes redes sociais