¿Non É CAPAZ DE VER BEN ESTE EMAIL? pode velo a travÉS DA WEB
#152- 17 NOVEMBRO 2017
As nosas exportacións continúan batendo todos os rexistros e Galicia xa conta coa segunda mellor balanza comercial de España no que vai de ano

A comunidade está a vivir o seu mellor ciclo exportador, algo que é posible grazas á vontade das empresas por buscar oportunidades máis aló das nosas fronteiras é ao apoio que reciben desde a Administración galega

As exportacións galegas continúan marcando cifras históricas e batendo todos os rexistros. Así de xaneiro a agosto as exportacións galegas medran un 8,4% con respecto ao mesmo período do ano récord de 2016.

No que vai de ano Galicia conta coa segunda mellor balanza comercial de España en termos absolutos. Deste xeito, Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador, algo que é posible grazas á vontade das empresas por buscar oportunidades máis aló das nosas fronteiras é ao apoio que reciben desde a Administración galega.

América Latina destaca como un dos territorios onde máis medran as exportacións galegas e, neste sentido, México é un aliado estratéxico. De feito, desde o ano 2000, triplicáronse as empresas galegas que exportan a este país e, nos oito primeiros meses deste ano, as exportacións a México desde Galicia medraron un 72%.

Dentro desta aposta pola internacionalización do tecido empresarial galego e de abrir novas oportunidades de investimento, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria do Goberno galego, Francisco Conde, visitou esta semana o país azteca acompañado dunha vintena de representantes de empresas do sector contract.

Esta misión comercialé unha das 27 accións Galicia-México programadas pola Xunta entre 2016 e 2018, con máis de 200 empresas galegas participantes. Concretamente, abranguen 13 misións directas ao país, 6 misións inversas a Galicia e a asistencia a 8 eventos expositivos.

PÓDENCHE INTERESAR TAMÉN:

Máis de 200 novos afiliados recibirán o carné do PPdeG

Feijóo avanza a posta en marcha dunha rede dixital de vixilancia forestal para apoiar os sistemas de prevención, detección e seguimento dos lumes

A Xunta lanza unha nova achega de 1 millón de euros destinada ás explotacións agrarias afectadas polas xeadas e a sarabia

PODES SEGUIR AO PPdeGalicia nas seguintes redes sociais